ANO 2025
Liña 2. Agroalimentaria
Proxectos orientados a promover cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional da zona e/ou impulso de novas iniciativas con posibilidades de proxección no mercado en transición cunha economía circular e sustentable.
Liña 4. Turística
Proxectos orientados á promoción do turismo rural e localización de potenciais zonas ou edificacións susceptibles de aproveitamento para esta finalidade.
Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital
Cohesión tecnolóxica e dixital: proxectos orientados ao deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
ANO 2026
Liña 2. Agrogandeira
Esta actividade busca revitalizar a tradición agrícola e gastronomía local, fomentando a produción de alimentos saudables e sostibles. A través da transmisión de coñecementos entre xeracións, preténdese fortalecer os vínculos co territorio e promover a creación de produtos e experiencias gastronómicas únicas, capaces de atraer turismo e dinamizar a economía local.
Liña 4. Turística e cultural
Esta liña ten como obxectivo prioritario a recuperación e valorización do patrimonio inmaterial e das historias locais de San Xoán de Río, culminando nunha representación teatral comunitaria protagonizada pola veciñanza e coordinada polo equipo de voluntariado.
Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital
Esta actividade buscou reducir a fenda dixital existente entre xeracións, empoderando ás persoas maiores a través das novas tecnoloxías e fomentando a creación de contidos dixitais que visibilicen a riqueza cultural e social de San Xoán de Río, así como todas as actividades desenvolvidas neste proxecto. Ao facelo, preténdese fortalecer os lazos interxeracionais, crear unha comunidade máis conectada e dinamizar a vida no rural. O material creado alimentará a páxina web creada na anterior convocatoria desta mesma axuda
O proxecto 2025
A finalidade do proxecto é recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e amosar á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos.

O proxecto 2026
A finalidade do proxecto foi fomentar a cohesión social, a transmisión de coñecementos e a revitalización do rural ourensán a través dun proxecto interxeracional que combine tradición e innovación, e que contribúa a frear o despoboamento e xerar riqueza en San Xoán de Río.

Un proxecto realmente interesante
Que serve como experiencia piloto no ámbito rural, especialmente nun contexto marcado polo envellecemento da poboación e a despoboación

Valoriza o coñecemento local e a transmisión interxeracional
Preserva o patrimonio: O proxecto permite rescatar e valorar coñecementos tradicionais sobre agricultura, arquitectura, gastronomía e costumes locais que, doutra maneira, poderían perderse.
Fortalece os vínculos comunitarios: A interacción entre xóvenes e maiores fomenta o respecto mutuo e a creación de redes sociais máis cohesionadas.
Empodera ás persoas maiores: As persoas maiores séntense valoradas e útiles, transmitindo os seus coñecementos e experiencias ás novas xeracións.

Revitaliza o medio rural
Fomenta o turismo rural: A posta en valor do patrimonio e a creación de experiencias turísticas únicas, poden atraer a visitantes e xerar ingresos para a comunidade.
Promove o asentamento de novas persoas no territorio: O catálogo e a difusión das vivendas suporá un impulso para que novas persoas poidan asentarse no territorio.
Desenvolve a economía local: A promoción da agricultura ecolóxica e a produción de alimentos de calidade pode impulsar a economía local e crear novas oportunidades de emprego.
Mellora a calidade de vida: A creación de espazos de encontro e a realización de actividades culturais e sociais contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas que habitan o territorio.

Desenvolve competencias nos mozos e mozas
Adquiren habilidades prácticas a través dos coñecementos sobre agricultura, construción, turismo e novas tecnoloxías, o que lles permite desenvolver habilidades profesionais e emprendedoras.
Fomenta o voluntariado e a solidariedade: A participación no proxecto fomenta valores como a solidariedade, a cooperación e o compromiso social.
Desenvolve a creatividade e a innovación: Os xóvenes teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e habilidades para desenvolver proxectos innovadores e adaptados ás necesidades do entorno rural.

Patrimonio Rural, a nosa identidade
O patrimonio arquitectónico de San Xoán de Río, catalogouse, aproveitando o
coñecemento das persoas maiores e a creatividade das persoas mozas. A través da creación de materiais
dixitais e físicos, identificouse, coñeceuse e inventariouse a riqueza arquitectónica tradicional do municipio.
Ademais, identificáronse vivendas tradicionais que poderían destiñarse para o seu uso turístico ou para o
alugueiro, xerando emprego, dinamizando a economía local así como freando o despoboamento.
Fomentando o uso da lingua galega
O Concello de San Xoán de Río comprométese a empregar a lingua galega en todas as comunicacións relacionadas co proxecto de voluntariado interxeracional.
Quen somos?
Coñece ás e ós participantes no proxecto EntrePares Voluntariado Interxeracional
2025-2026

Carmen González
Voluntaria 2025-2026

Saúl González
Voluntario 2025-2026

Manuela Sotelo
Voluntaria 2025-2026

Nerea Sabín
Voluntaria 2025

Geanina Lascu
Voluntaria 2026

Gabino Rodriguez
Coordinador 2025-2026
Descubre as nosas experiencias
Actividades Agrogandeiras 2026
Unha vez decididos os produtos sobre os que se[…]

Patrimonio Arquitectónico
Este actividade buscou revitalizar o patrimonio arquitectónico de San[…]
Contacta connosco
Si queres máis información do proxecto podes poñerte en contacto connosco
Xeracións colaborando xuntas, sabiduría compartida
Xuntando o mellor de cada un para un proxecto colaborativo ilusionante



